Email

sábado, 3 de septiembre de 2016

XIV MARCHA COSTA DA MORTE


Apertura de inscricións


                Xa está aquí un ano máis unha nova edición, e xa van XIV, da Marcha Ciclista Costa de Morte que organiza Club Ciclista Monteneme, sendo unha das marchas máis antigas e tradicionais do calendario ciclista de BTT de toda a provincia.
Como ven sendo costume contarase cun percorrido atractivo para todos os amantes do ciclismo de montaña que discorrerá principalmente polo Concello de Carballo, pero tamén pasará máis brevemente polos de Coristanco, Ponteceso e Malpica. Nesta edición, e dado as boas sensacións da pasada edición e tamén por peticións de moitos participantes, a ruta será moi semellante a de 2015, na cal, o principal atractivo foi o tramo pola ribeira do río Anllóns ata Verdes, que este ano incluso se amplía, e a tradicional subida a Monteneme, onde, unha vez arriba se poderá contemplar toda a baía da praia de Razo e Baldaio.
Este ano, como novidade, xunto coa Marcha ciclista, faremos unha andaina, a I Andaina Costa da Morte, cun percorrido asequible para todos duns 15 quilómetros que levará ós participantes desde a Praza do Concello de Carballo pola beira do río ata Pontedona, pasando por Sísamo e o Refuxio de Verdes.
O Club Ciclista Monteneme invita a todos os afeccionados a acompañarnos o vindeiro día 2 de Outubro xunto cos que lles guste andar pola natureza. As inscricións xa están abertas e ata o día 29 de Setembro en www.prueba-t.es , sendo, como en pasadas edicións, a inscrición á marcha BTT para as mulleres gratuíta e tamén, como de costume, para os que queiran, haberá unha churrascada para poñer punto final o evento.

Máis info en:





domingo, 14 de agosto de 2016

CEA DE VERÁN

CEA DE VERÁN 2016


DÍA 27 DE AGOSTO, AS 9 DA NOITE
LUGAR: PAZO DE SÍSAMO


CHURRASCO, POSTRE, BEBIDAS E SORTEO DE REGALOS

HABERÁ ANTES UNHA CONTRARRELOXIO ENTRE TODOS OS MEMBROS DO CLUB QUE QUEIRAN PARTICIPAR.


https://docs.google.com/forms/d/1AFhmUxwQbNKin1Tru7nZ3_kfqVLIjMkCC8LV6OGe6w8/prefill





martes, 12 de abril de 2016



Engadir título
O VINDEIRO SÁBADO DÍA 16 CELEBRARASE A QUEDADA DE A GUALADA.
SAIREMOS DESDE O PAVILLÓN DE AGUALADA AS CATRO DA TARDE ONDE Á VOLTA HABERÁ DUCHAS E PARA OS QUE QUEIRAN QUEDARSE COMPARTIREMOS UNS PINCHOS, A ESCOTE, NA PARRILLADA RECAREY.
UNHA VEZ MÁIS É O NOSO COMPAÑEIRO CARLOS BOUZAS O QUE SE ENCARGA DE ENSINARNOS OS CAMIÑOS E CORREDOIRAS DE AGUALADA E ALREDEDORES.
A RUTA ESTA ABERTA A TODOS OS QUE QUEIRA DISFRUTAR DUNHA TARDE DE BTT.